Ola amigos!!!!
Un ano máis comezamos coa nova edición do noso concurso SABíAS QUE..?
Xa o temos todo preparado e o vindeiro luns, día 23 de xaneiro comezamos, este ano con algunha novidade importante.
En primeiro lugar, nesta edición haberá unha rolda xeral de probas, para todos os participantes que durará 3 semanas. Os catro primeiros clasificados tanto na categoría BEIBI BOOMS como VELLAS GLORIAS enfrentaránse entre eles en dúas semifinais (en cada categoría) e de aí sairán os finalistas, que se xogarán o premio final nunha gran gala o día das vacacións de entroido, isto é o venres 17 de febreiro.
Tanto as semifinais como as finais serán enfrontamentos directos con diversas probas de coñecementos (pero ó mesmo tempo divertidas) que os grupos terán que facer "CARA A CARA" na Biblioteca do Instituto.
Así que xa o sabedes: o primeiro obxectivo é quedar entre os catro primeiros durante estas tres semanas, para poder chegar ás semifinais e á GRAN FINAL.
Sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario