XA ESTAMOS DE VOLTA
Si, xa sabemos que foi un ano longo e duro de espera, pero o SABÍAS QUE..? xa está aquí outra vez... O concurso máis esperado de todos os institutos de Galicia, volve ás andadas, e vós sodes os privilexiados que o poderedes disfrutar en directo.
Como a edición do ano pasado foi todo un éxito, este ano imos repetir o mesmo formato:
A) Unha primeira FASE CLASIFICATORIA que durará 3 semanas onde haberá as seguintes probas:
-CUESTIONARIO SEMANAL DE 20 PREGUNTAS (Entréganse os luns e hai de prazo ata o luns seguinte para entregalo ou envialo)
-PENSADELA: 10 puntos a repartir entre todos os grupos que a resolvan o mesmo día que se entregue a primeira resposta correcta.
-PREGUNTÓN XERAL: No que se pregunta por un personaxe, acontecemento, monumento, etc. e do cal se irá dando unha pista cada día. Os puntos repartiranse entre todos os grupos que a acerten no mesmo día (10 puntos se se acerta na 1ª pista, 7 na segunda, 5 na terceira, 3 na cuarta e 1 na 5ª)
-PREGUNTÓN DE CINE: Pregúntase por unha película da que iremos poñendo unha escea cada día. O sistema de puntuación é igual que o do Preguntón Xeral.
PREGUNTÓN DE MÚSICA: Pregúntase por unha canción ou peza musical da que iremos poñendo un fragmento cada día. O sistema de puntuación é igual que o do Preguntón Xeral.
Os catro primeiro clasificados nesta categoría pasan á FASE ELIMINATORIA
B) FASE ELIMINATORIA: Os catro primeiro clasificados enfrentaranse en vivo e en directo en dúas semifinai por cada categoría. O contido das probas é alto secreto para manter o suspense. Os gañadores das semifinais pasan á GRAN FINAL
C) GRAN FINAL "Face to face" o día da festa de antroido. O espectáculo máis grande endexamáis contado...
Animádevos e apuntádevos. Durante a semana do 14 ó 18 de xaneiro aínda estades a tempo. Haberá un sorteo de premios o día da final entre todos os participantes que completen toda a fase clasificatoria.
Lembrade, por último, que o seguemento do concurso, tanto para ver as probas, pistas, solucións, clasificacións, etc. se fai a través deste blog e que tamén podedes enviar en calquera momento as vosas respostas desde a pestana "Enviar resposta".
Ah! e que se pinchades nas imaxes da cabeceira do blog pódenvos axudar a atopar información.
Sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario