CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

29 ene 2014

BENVIDOS A EDICIÓN 2014

Xa o sabemos... foi un ano de interminable espera, pero aquí estamos de novo. O CONCURSO SABÍAS QUE..? 2014 COMEZA O LUNS 3/2/2014



As bases non cambiaron desde os últimos anos: dúas categorías, Beibi Booms (1º, 2º e 3º de ESO) e Vellas Glorias (4º de ESO, 1º e 2º BAC); unha fase clasificatoria durante tres semanas e as semifinais e finais en fase presencial. Tedes os datos máis ampliados na pestana bases.

Coma sempre, PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES (Que completen como mínimo a metade dos puntos posibles dos tres cuestionarios) e grandes premios para todos os finalistas.

Apuntádevos se aínda non o fixestes, tedes ata o luns 3/2. Podedes pedir a folla de inscrición na Biblioteca ou descargalas nas seguintes ligazóns:

FOLLA INSCRICIÓN BEIBI BOOMS


FOLLA INSCRICIÓN VELLAS GLORIAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario