CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

17 feb 2014

CUESTIONARIO SEMANAL 3 VELLAS GLORIAS

Aquí vos deixamos os terceiro CUESTIONARIO SEMANAL dos VELLAS GLORIAS para descargar e os vídeos e audios correspondentes

1...o superheroes case sempre aparecen vinculados a editoriais coma DC Comics e Marvel, sen embargo, nos anos 80 emitiuse unha serie de televisión dun enorme éxito en moitos países, na que aparecía un novo personaxe deste tipo, que podía parecer unha parodia dalgún moi coñecido, pero que tamén tiña moita profundidade. Como se chamaba a serie en cuestión? Cal era a profesión que tiña o superheroe antes adquirir os seus superpoderes?



     3...Alguns dos compositores de bandas sonoras do cine están a altura dos grandes mestres da música clásica. Hai un, en concreto, que fixo das súas composición pezas inesquecibles. Neste audio podes escoitar unhas cantas, o malo é que están mesturadas. O que queremos que nos digas é o nome do compositor e o título de todas as películas cuxas bandas sonoras están presentes neste fragmento.


  14… fálase moito do blues (e moi mal, por certo), moitas e moitos cantantes din que se basean no soul, jazz ou outras formas de entender a música moderna, pero case todas elas e eles falan do blues, música cunha orixe incerta, pero case todo o mundo está de acordo en quen foi o seu mellor intérprete, aquí podes ver unha foto e escoitar tamén unha versión que fixo anos máis tarde o cantante dos Rolling Stones de un dos seus temas máis coñecidos. De quen estamos a falar e cal é o título da canción que podes escoitar?


16 ...O protagonista principal desta película está baseado nun personaxe literario cuxos libros forn un éxito de ventas. Nesta escea aparece falando con outro personaxe que é un escritor que existiu realmente na época na que está ambientada a historia. Quen é o personaxe principal da película e o autor dos libros nos que se basea e como se chama o escritor co que está a falar nesta escea? 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario