CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

20 ene 2015

Cuestionario Semana 2 Vellas Glorias

Aquí vos deixamos o segundo cuestionario desta edición.

LEMBRADE QUE A DATA TOPE PARA DEVOLVELO CUBERTO É O LUNS 26 DE XANEIRO

ESTE ANO A FASE DE CLASIFICACIÓN DURARÁ 4 SEMANAS


CUESTIONARIO SEMANAL 2 VELLAS GLORIAS



1.- os países do chamado “Primeiro mundo” tamén teñen os seus focos de desigualdade. Hai tan só 50 anos un destacado líder pronunciou este célebre discurso denunciando esas desigualdades. Con que nome é popularmente coñecido este discurso e quen, cando (día mes e ano) e onde (cidade e país) se pronunciou? 



 
4.- esta película conta as experiencias dunha famosa científica estadounidense que en África levou a cabo uns estudos para os cales tivo que convivir estreitamente cuns animais que eran o seu obxecto de observación e cos que estableceu uns fortes lazos de afectividade. Que animais eran estes? Como se chamaba a científica? Como se chama a actriz que interpreta o papel da mesma nesta película?


  8.- ...o grupo musical que interpreta este tema é mundialmente coñecido. Foron autores de temas moi populares, pero o que pouca xente sabe é que foron tamén moi innovadores na súa concepción da música. De feito, neste tema fixeron algo que ninguén fixera antes: grabaron ó revés un instrumento da banda, o cal lle dá un son característico. Que instrumento é ese que soa ó revés?


12. … Nesta escea dunha celebérrima serie de televisión, un axente antidroga, parente dun profesor de instituto, descobre que en realidade este é un perigoso traficante de droga. Decátase gracias a unha obra literaria. Cal é o seu título e autor e en que lugar concreto a atopa?



No hay comentarios:

Publicar un comentario