CUESTIONARIO SEMANAL 1 VELLAS GLORIAS
E aí van os vídeos e audios referidos ao mesmo:
- … o protagonista desta película, que está baseada nunha famosa novela, malia que é un membro do clero, debe investigar e resolver unha serie de asasinatos. O creador deste personaxe quixo homenaxear a outro personaxe de outro autor que tamén se adicaba a resolver misterios deste tipo e que sen dúbida é o máis famoso da literatura, polo que lle puxo o apelido que saía no título dunha das súas novelas. Como se chama (nome e apelido) o protagonista desta película? Cal é o título da novela á que fai referencia o seu apelido? Cal é o nome do protagonista desa novela? Como se chaman os autores (novelistas) que crearon a eses dous personaxes?
9… esta
música forma parte da banda sonora dunha película que foi a
primeira (e segundo algúns segue a ser a máis importante) gran
obra de ciencia ficción do cine. Quen protagoniza a escea na que
aparece esta música e que está a facer? Cal é o título da
película?
14… ao
principio desta escea aparece un conxunto escultórico que da nome á
localización e a unha xuntanza que se celebrou entre dous
importantes membros da realeza española hai máis de 500 anos. Como
se chama ese coxunto escultórico e en que provincia está? Quen son
os dous membros da realeza que se reuniron, que relación de
parentesco había entre eles, con que nome foi coñecida a xuntanza,
e que acordaron?

No hay comentarios:
Publicar un comentario