CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

Axuda

Como podes comprobar, esta páxina ten un novo aspecto para que che sexa máis doado moverte por ela e atopar o que buscas.

Xusto enriba de onde estás lendo agora, hai un menú onde podes atopar as diversas probas divididas por categorías: Beibi Booms e Vellas Glorias

Tamén hai unha pestana que te leva á Clasificación semanal. Lembra que esta clasificación se vai actualizando cada semana coas respostas que entregades, polo que pode que tarde uns días en actualizar os datos.

Agora podes enviar unha resposta directamente desde aquí, pinchando na pestana "Enviar unha resposta". É moi útil para responder á Pensadela ou ó Preguntón e así adiantarvos a todos os demáis grupos.

Á esquerda da páxina tes outro menú desde o que poderás acceder ás Solucións de cada proba que iremos publicando a principios de cada semana.

Debaixo está o noso Enderezo electrónico, por se nos queres enviar dúbidas, suxestións, felicitacións... o que ti queiras.


E O MÁIS IMPORTANTE DE TODO: AS IMAXES DA CABECEIRA

Non sei se te decataches de que as imaxes da cabeceira cambiaron un pouco. Agora non só é que sexan máis bonitas, senón que PINCHANDO NELAS, IRÁS A PÁXINAS WEB QUE CHE PODEN AXUDAR A ATOPAR AS RESPOSTAS DO CONCURSO. Isto é para que vexades que hai vida máis alá de Google. Cada imaxe está asociada coa súa categoría... e tamén hai algunha sorpresa para quen a saiba buscar....