CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas

22 ene 2017

Nova edición do Sabías que...?

Un ano máis estamos a piques nova edición do concurso máis famoso do mundo mundial. Oano pasado xubiláronse algunhas das vellas glorias máis egrexias do centro, pero este ano seguen con nós e de seguro que se incorporarán novos talentos con enerxías renovadas. Agardamos que, como sempre, sexa un éxito total. Forma o teu grupo e participa. Información e bases na biblioteca e neste mesmo blog




29 ene 2014

BENVIDOS A EDICIÓN 2014

Xa o sabemos... foi un ano de interminable espera, pero aquí estamos de novo. O CONCURSO SABÍAS QUE..? 2014 COMEZA O LUNS 3/2/2014



As bases non cambiaron desde os últimos anos: dúas categorías, Beibi Booms (1º, 2º e 3º de ESO) e Vellas Glorias (4º de ESO, 1º e 2º BAC); unha fase clasificatoria durante tres semanas e as semifinais e finais en fase presencial. Tedes os datos máis ampliados na pestana bases.

Coma sempre, PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES (Que completen como mínimo a metade dos puntos posibles dos tres cuestionarios) e grandes premios para todos os finalistas.

Apuntádevos se aínda non o fixestes, tedes ata o luns 3/2. Podedes pedir a folla de inscrición na Biblioteca ou descargalas nas seguintes ligazóns:

FOLLA INSCRICIÓN BEIBI BOOMS


FOLLA INSCRICIÓN VELLAS GLORIAS

29 ene 2011

Edición 2010/2011

Sabemos que levabades un ano agardando por nós, pero si...


XA ESTAMOS AQUÍ OUTRA VEZ!!!!


O LUNS 31 DE XANEIRO COMEZAMOS COA NOVA EDICIÓN DO SABIAS QUE...?






Con novas preguntas, pistas e probas que porán a bulir os vosos cerebros a toda máquina.

Como novidade, este ano trataremos de centralizar todas as probas a través do blog, é dicir, que os cuestionarios, pensadelas e pistas de cada categoría estarán colgadas no blog e desde aquí será desde onde as teñades que descargar cada semana. Non vos preocupedes se non podedes facelo desde a casa, porque na Biblio deixaremos todos os recreos un par de ordenadores para que o poidades facer desde alí.

Por se algún despistado aínda non ten claras as probas do concurso, desde este enlace poderedes ver as bases.

Axiña, máis...