CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com
Mostrando entradas con la etiqueta finalistas 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta finalistas 2012. Mostrar todas las entradas

16 feb 2012

FINALISTAS 2012

Pois si, amigos, xa temos finalistas...

Como era de esperar o combate foi case a morte... os pobriños participantes estaban mortos de nervos. As finais foron igualadísimas e ambas se decidiron na última proba, despois de remontadas espectaculares: Na proba de Atrapa esa landra houbo quen arriscou todo a unha carta e... perdeu... Aquí vos deixamos cuns vídeos que dan boa conta da tensión do momento:








En fin que as finais serán as seguintes:

CATEGORÍA BEIBI BOOMS


LOS ÁNGELES DEL DIABLO 2012 VS A NOVA XERACIÓN DA SABEDORÍA




CATEGORÍA VELLAS GLORIAS


ARTEMITOS VS ORDENATAS

A final, mañán na biblio o día da festa do entroido non podería haber mellor comparsa ca esta. Imos chamando xa a uns albaneis para que tiren os tabiques da biblio porque non vai caber tanta xente como vai vir...