CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com
Mostrando entradas con la etiqueta cs1vg2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cs1vg2015. Mostrar todas las entradas

14 ene 2015

Cuestionario Semanal 1 Vellas Glorias

Primeira proba desta edición. Coma sempre podedes descargar o cuestionario en cor desde esta ligazón:

CUESTIONARIO SEMANAL 1 VELLAS GLORIAS

E aí van os vídeos e audios referidos ao mesmo:



  1. o protagonista desta película, que está baseada nunha famosa novela, malia que é un membro do clero, debe investigar e resolver unha serie de asasinatos. O creador deste personaxe quixo homenaxear a outro personaxe de outro autor que tamén se adicaba a resolver misterios deste tipo e que sen dúbida é o máis famoso da literatura, polo que lle puxo o apelido que saía no título dunha das súas novelas. Como se chama (nome e apelido) o protagonista desta película? Cal é o título da novela á que fai referencia o seu apelido? Cal é o nome do protagonista desa novela? Como se chaman os autores (novelistas) que crearon a eses dous personaxes?

   
9esta música forma parte da banda sonora dunha película que foi a primeira (e segundo algúns segue a ser a máis importante) gran obra de ciencia ficción do cine. Quen protagoniza a escea na que aparece esta música e que está a facer? Cal é o título da película?

14… ao principio desta escea aparece un conxunto escultórico que da nome á localización e a unha xuntanza que se celebrou entre dous importantes membros da realeza española hai máis de 500 anos. Como se chama ese coxunto escultórico e en que provincia está? Quen son os dous membros da realeza que se reuniron, que relación de parentesco había entre eles, con que nome foi coñecida a xuntanza, e que acordaron?