O cuestionario desta terceira semana para a categoría de VELLAS GLORIAS podedes velo ou descargalo pinchando no seguinte enlace:
E aquí tedes os vídeos e os audios correspondentes ás respectivas preguntas do cuestionario:
10.- Esta cantante norteamericana, prematuramente falecida, apenas publicou en vida tres discos nos cales só había versións, xa que nunca grabou ningún tema propio. A canción que podes escoitar aquí é a versión dun tema que compuxo un coñecidísimo músico inglés que nos anos 70 e 80 foi o líder e vocalista dunha das máis grandes bandas de pop-rock do mundo. Este músico era coñecido por un alcume que lle puxo un amigo por vestir de cote cun xersei de bandas horizontais amarelas e negras. O que queremos saber é: o título da canción, o nome da cantante que fai esta versión, o nome real e completo do músico compositor da mesma, o seu alcume e o nome da banda que liderou nos 70-80.
16.- Os protagonistas desta escena descobren ou máis ben sospeitan unha terrible notica que os converte en únicos e especiais. Cal é esa noticia? Que feito provocou esa especial situación que os fai únicos? A que serie pertence esta escea e en que canle española a están a emitir?
17.- Un dos protagonistas desta escea traballou durante moitos anos noutra serie cómica que actualmente está a repoñer a mesma canle na que podes ver esta. Nesa antiga serie, este actor facía o papel dun personaxe algo preguiceiro que tiña un cuñado que rexentaba un local de hostelería. En dita serie traballaba tamén outro actor que se deu a coñecer a nivel nacional en España cun programa informativo satírico de noticias do cal era reporteiro. Moitas cousas como ves... O que queremos saber é: 1º O nome da serie á que pertence esta escea. 2º O nome, primeiro apelido e o alcume do primeiro actor que che mencionamos. 3º O título da serie antiga que tamén che mencionamos. 4º A profesión e o nome do personaxe que interpretaba nesa antiga serie. 5º O nome do outro actor que mencionamos en segundo lugar. 6º O nome do programa satírico de noticias onde se deu a coñecer a nivel nacional este segundo actor e 7º A canle na que se emitía este programa cando este actor era reporteiro del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario