O desenvolvemento das finais foi bastante diferente en cada categoría. Na categoría Beibi Booms Mapoulas destacaronse desde un primeiro momento, deixando a Os bibliotecarios bastante atrás no marcador, de xeito que, aínda que o intentaron non lograron remontar na última (e temida proba) proclamándose Mapoulas gañadoras nesta súa primeira participación no concurso.
Sen embargo, a emoción mantívose desde o principio ata o final na categoría Vellas Glorias. Tanto Atenea como Minerva se foron alternando no marcador de xeito que ningún dos dous grupos se logrou despegar do outro, chegando empatados ao final da última proba xusto cando Atenea parecía que o tiña todo na súa man para gañar... pero, incomprensiblemente fallaron (o bo é que nunca esquecerán o que é un anemómetro...) e houbo que ir a un desempate... ó final do cal volveron a chegar empatadas a puntos. Houbo que facer un segundo desempate e na proba de memoria, Atenea lograron impoñerse por moi pouco, repetindo o triunfo do ano pasado.
Foi a final máis emocionante das vividas ata agora no concurso e podemos decir, sen temor a equivocarnos que tanto Atenea como Minerva son as auténticas gañadoras desta edición. Sen dúbida as finalistas, Minerva o conseguirán nunha próxima edición, faga, quen a faga, porque a súa traxectoria así o indica: semifinalistas o ano pasado, finalistas este, e o próximo...
MAPOULAS GAÑADORAS EDICIÓN 2014 CATEGORÍA BEIBI BOOMS
ATENEA GAÑADORAS EDICIÓN 2014
CATEGORÍA VELLAS GLORIAS
OS BIBLIOTECARIOS FINALISTAS
EDICIÓN 2014 CATEGORÍA BEIBI BOOMS
MINERVA FINALISTAS EDICIÓN 2014
CATEGORÍA VELLAS GLORIAS
Aquí vos deixamos unha galería de fotos realizada durante o concurso e na festa final na que se repartiron premios, sorteo de regalos, etc. Se podemos, proximamente subiremos tamén uns vídeos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario