CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

26 ene 2015

Cuestionario Semanal 3 Vellas glorias

Aquí vos deixamos o cuestionario da terceira semana cos vídeos e audios correspondentes:

CUESTIONARIO SEMANAL 3 VELLAS GLORIAS


      1.- O coche que sae nesta escea foi un dos máis famosos durante décadas para o público máis novo, e a súa productora, especializada en cine infantil e xuvenil, rodou varias secuelas ó longo de catro décadas. Como se chamaba o coche (porque tiña nome), que número levaba rotulado nas portas e no capó e cales son os títulos da primeira e última película ata o momento rodadas co mesmo coche como protagonista e realizadas pola mesma produtora?

    6.-  Os protagonistas desta famosa serie de televisión andan bastante
anguriados porque non saben realmente onde se atopan nin como
saír dese sitio. Nesta escea descobren un vídeo no que se fala duns
experimentos científicos, sociolóxicos e psicolóxicos que se levaron a
cabo nese mesmo lugar anos atrás. Cal é o nome da institución que
levou a cabo ditos experimentos e cuxo logotipo podes ver no bolsillo
da chaqueta do locutor do vídeo?

    10.- Non é habitual que África sexa noticia por un feito cultural ou
deportivo de relevancia mundial, sen embargo nese continente, hai
máis de 40 anos, celebrouse un enfrentamento lexendario, que aínda
hoxe é recordado como o mellor da historia. No vídeo podes ver os
preliminares. Quen se enfrentou, en que país tivo lugar e quen
resultou vencedor?

     14.- Moito máis próxima no tempo é  esta conversa na que, sen embargo, os interlocutores estaban a uns 320.000 Kms de distancia uns dos outros. Con que nome é coñecida esta conversa, cal é o nome das tres persoas que interveñen nela e onde estaba cada un?
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario