CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

25 ene 2016

Cuestionario Semanal 3 Vellas Glorias


Aquí vos deixamos o terceiro cuestionario da categoría Vellas Glorias e os vídeos e audios correspondentes



10.- Esta cantante norteamericana, prematuramente falecida, apenas
publicou en vida tres discos nos cales só había versións, xa que nunca
grabou ningún tema propio. A canción que podes escoitar aquí é a versión
dun tema que compuxo un coñecidísimo músico inglés que nos anos 70 e
80 foi o líder e vocalista dunha das máis grandes bandas de pop-rock do
mundo. Este músico era coñecido por un alcume que lle puxo un amigo por
vestir de cote cun xersei de bandas horizontais amarelas e negras. O que
queremos saber é: o título da canción, o nome da cantante que fai esta
versión, o nome real e completo do músico compositor da mesma, o seu
alcume e o nome da banda que liderou nos 70-80





17.- Un dos protagonistas desta escea traballou durante moitos anos noutra
serie cómica reposta varias veces na mesma canle na que podes
ver esta. Nesa antiga serie, este actor facía o papel dun personaxe algo
preguiceiro que tiña un cuñado que rexentaba un local de hostelería. En dita
serie traballaba tamén outro actor que se deu a coñecer a nivel nacional en
España cun programa informativo satírico de noticias do cal era reporteiro.
Moitas cousas como ves... O que queremos saber é: 1º O nome da serie á
que pertence esta escea. 2º O nome, primeiro apelido e o alcume do
primeiro actor que che mencionamos. 3º O título da serie antiga que tamén
che mencionamos. 4º A profesión e o nome do personaxe que interpretaba
nesa antiga serie. 5º O nome do outro actor que mencionamos en segundo
lugar. 6º O nome do programa satírico de noticias onde se deu a coñecer a
nivel nacional este segundo actor e 7º A canle na que se emitía este
programa cando este actor era reporteiro del.




No hay comentarios:

Publicar un comentario